Fervenza do Toxa.

Fervenza do Toxa.

Un sitio fermoso que aconsellamos ver tras uns días de choiva.

A fervenza do Toxa é un salto de auga situado na parroquia de Pazos, no concello de Silleda, na provincia de Pontevedra. 

O río Toxa verte as súas augas por un desnivel de máis de 60 metros. 

A fervenza, xunto co mosteiro de Carboeiro, están situados nunha paraxe natural de gran valor paisaxístico na comarca do Deza, ligados aos cursos fluviais dos ríos Deza, Liñares, Ulla e Arnego.

Deixamos mais fotos nesta ligazón. Lembra que hai outra publicación sobre o veciño Mosteiro de Carboeiro.

https://photos.app.goo.gl/k817JfaKXCchUfE3A