O castelo de Pambre é unha fortaleza situada na parroquia de Pambre (Palas de Rei).
O castelo é unha das mellores mostras da arquitectura medieval militar que existe en Galicia, e das poucas que quedaron en pé trala revolta irmandiña. Atópase en bo estado de conservación. A capela románica contida nas súas murallas é anterior á súa construción e foi durante séculos igrexa parroquial de Pambre baixo a advocación de San Pedro, patrón da parroquia de Pambre.
A súa sona aumentou tras a publicación no ano 1895 da novela O Castelo de Pambre, de Antonio López Ferreiro. Con anterioridade era coñecido como Fortaleza ou Torre de Pambre, e así aparece citada na cartografía e outra documentación dos séculos anteriores. Esta denominación aínda é habitual entre as xentes da Ulloa.
As lendas tradicionais din que a súa construción foi realizada polos mitolóxicos mouros nunha soa noite. A lenda devén do feito de ser construído de xeito apresurado por Gonzalo Ozores de Ulloa.
Durante anos, o lugar foi escenario das loitas entre Pedro O Cruel e Henrique II de Castela. Antes da súa construción tivo lugar á beira do río Pambre a batalla entre as tropas de Fernando Ruiz de Castro, partidario do asasinado en Montiel Pedro I e as tropas de Pedro Ruiz Sarmiento, Adiantado Maior de Henrique II. Derrotado De Castro, houbo de exiliarse a Portugal e posteriormente a Inglaterra, onde morreu.
Pero o Castelo foi construído a finais do século XIV por don Gonzalo Ozores de Ulloa, que pagara a súa lealdade ao bando do rei perdedor con varios anos de prisión. Tras ser liberado, tivo que loitar contra os Seixas que usurparan as súas terras, gañando nesas loitas as fortalezas de Curbián e San Paio de Narla. Cando xa se viu vencedor mandou construír este castelo, que máis tarde foi de novo escenario de loitas, as ocorridas entre a nobreza e o arcebispo de Santiago de Compostela, don Alonso III de Fonseca.
Foi un dos poucos castelos que non foron destruídos polos irmandiños, e salvouse grazas á astucia de Sancho Sánchez de Ulloa que tratou de falar cos sublevados nunha histórica reunión en Melide e que, ante as esixencias de que entregase o castelo, e temendo pola súa vida, decidiu fuxir, salvando a vida e o castelo, que foi respectado polos irmandiños.
A Xunta adquiriu o edificio que pasara por diferentes mans no 2011.
Á antiga Capela de San Pedro, posibelmente foi construída a finais do século XII en estilo románico, acaso erixida sobre de estruturas anteriores, habendo indicios dunha mámoa. Foi igrexa parroquial de San Pedro de Pambre e formou parte do patrimonio do Mosteiro de Samos. Nela Antonio López Ferreiro sitúa unha escena da súa novela O Castelo de Pambre. Orixinariamente de planta terrea, foi cuberta por lousame granítico, probabelmente a mediados da década de 1980, o que orixinou a intervención da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, prohibindo sucesivas intervencións privadas que puideran estragar oportunas investigacións arqueolóxicas (no subsolo da capela foi onde Manuel García Blanco descubrira a lápida do capitán Paio Varela e a súa dona Xoana).
Mais fotos.