MUNCYT na Coruña

A sede coruñesa do MUNCYT, Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, está situada no edificio Prisma de Cristal . Este emblemático edificio, un cubo de vidro deseñado polos arquitectos Vitoria Acivro e Anxo Alonso, foi galardoado entre outros co Premio Nacional de Arquitectura Nova do 9ª Bienal de Arquitectura Española. O edificio foi construído pola Deputación Provincial e cedido para o seu uso como Museo Nacional.

O museo depende da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Ministerio de Economía e Competitividade, xestionado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). Ten outra sede en Alcobendas.

No museo expóñense diversas pezas da historia tecnolóxica de España e Galicia entre as que están algunha relacionada coa cidade da Coruña, como a anterior lanterna da Torre de Hércules que funcionou entre 1857 e 1904. Tamén se pode ver e visitar a cabina do avión que trouxo a España o Guernica de Picasso dende New York.

O Museo foi inaugurado o 4 de maio de 2012 se ben non abriu ao público ata o mes de xuño.

Mais fotos